Voltar atrás

Escrito o:

Proporcionar ferramentas para previr a ansiedade en contornas laborais, obxectivo do obradoiro de COP Galicia e CEL

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia (COP Galicia) e o Gabinete Técnico de Seguridade e Saúde Laboral da CEL organizaron esta semana o taller "Ansiedade no traballo. Que nervios!", ao que se anotaron máis de oitenta persoas.

Mediante este taller pretendíase que as persoas asistentes puidesen identificar cales son os estresores máis habituais aos que están expostas no seu traballo, analizar como lles poden afectar e coñecer algunhas ferramentas básicas para reducilos ou eliminalos. Para iso, contaron coas achegas da psicóloga asturiana Bárbara Gogénola García. 

Esta actividade enmárcase no convenio de colaboración asinado este ano entre COP Galicia e a CEL para a promoción de iniciativas conxuntas no ámbito da formación e do asesoramento organizacional, en cuestións como a saúde laboral, como é este caso.  Tratan, a través destas accións de contribuír a demostrar a rendibilidade e a eficacia que ten a introdución da psicoloxía na xestión empresarial.