Escrito o:
XORNADA | Teletraballo unha nova realidade
A Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) organiza, co apoio da Xunta de Galicia e no marco das actuacións do Diálogo Social en Galicia, unha xornada informativa sobre teletraballo na que se abordarán, da man de expertos, dende as características e cambios que supón a extensión desta modalidade laboral, á normativa reguladora, a actuación da Inspección de Traballo nesta materia, liñas de axuda ou casos de implantación de éxito, entre outras cuestións de relevancia.
Máis concretamente, contempla no seu programa (descargable compleo ao final desta entrada) a participación da directora xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia, Elena Mancha, que falará das axudas para a implantación de sistemas de teletraballo e do impacto deste na conciliación; da inspectora de Traballo e da Seguridade Social Antía Sández, que informará sobre actuacións da ITSS vinculadas ao teletraballo; de Jaime Villaverde, director técnico de Ibersys, que se centrará en como xestionar a prevención de riscos laborais en teletraballo; de Luis Lamas, avogado e vicedirector da E.U. de Relacións Laborais de Lugo, que informará sobre a situación actual da normativa reguladora do traballo a distancia; e de Mónica González Dourado, responsable de Recursos Humanos de Abante que explicará a experiencia práctica da súa empresa.
A xornada terá lugar o próximo día 22 de setembro, mércores, en horario de 9:30 a 12:00 horas. A asistencia poderá ser presencial (na sede central da CEL en Lugo) ou telemática.
As prazas son limitadas en ambas as modalidades e cubriranse por rigorosa orde de inscrición, que pode tramitarse a través da seguinte ligazón: