Escrito o:
CURSO Prevención de Riscos fronte á exposición á COVID-19 en contornas laborais
A Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) organiza, co financiamento da Xunta de Galicia, un Curso sobre "Prevención da COVID-19 en contornas laborais".
Cun total de sesenta horas de formación, terá lugar en modalidade telemática entre os días 15 de setembro e 26 de outubro e facilitará a formación necesaria para implementar as medidas e actuacións necesarias para reducir riscos fronte á exposición á Covid-19 no ámbito laboral, abordando cuestións como información sobre o virus, accións para detección e manexo de casos, medidas de hixiene, etcétera (descargar programa completo ao final desta entrada).
As prazas son LIMITADAS e cubriranse por rigorosa orde de reserva. Os interesados en inscribirse poden facelo a través do número de teléfono 982 23 11 50.
Este curso de prevención organízase ao amparo da Orde de 26 de marzo de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a accións de fomento da prevención de riscos laborais na Comunidade Autónoma de Galicia no exercicio de 2021, co financiamento da Xunta de Galicia.