Escrito o:
Firma de acordo entre a CEL e o Cluster de Comunicación de Galicia
O secretario xeral da Confederación de Empresarios de Lugo (CEL), Jaime López, e o presidente do Cluster de Comunicación de Galicia, Xosé Luís Reza Pérez, asinaron hoxe un acordo marco de colaboración para fomentar a formación de calidade e o asesoramento en materia de marketing e comunicación ás pemes lucenses.
En virtude do convenio subscrito ponse a disposición das empresas asociadas á Confederación, entre outros servizos, un programa de análise e asesoramento por profesionais do marketing a e a comunicación cuxo obxectivo é apoiar, facilitar ás empresas que integran a CEL a toma de decisións en aspectos relacionados coa comunicación, a mercadotecnia e a estratexia do seu negocio.
O Cluster de Comunicación de Galicia representa a cadea de valor da comunicación en Galicia (o marketing, a comunicación, a publicidade, o deseño, a edición, a impresión). Representa a un grupo de centros de formación, centros tecnolóxicos, empresas e asociacións entre as que se atopan Markea, Dircom ou Creatividade Galega e dispón da cualificación de Asociación Empresarial Innovadora (AEI), outorgada polo Ministerio de Industria.