Escrito o:
CEL e a Facultade de ADE estreitan lazos
O secretario xeral da Confederación de Empresarios de Lugo (CEL), Jaime López, reuniuse hoxe cos profesores Roberto Bande e Jacobo Feás, decano e vicedecano, respectivamente, da Facultade de Administración e Dirección de Empresas do Campus de Lugo da USC, coa finalidade de analizar vías de cooperación entre ambas as entidades, fortalecendo a relación Universidade - Empresa en Lugo.
Con este obxectivo, estudarán para firma un novo acordo de colaboración con diversas áreas de actuación, desde a participación do profesorado da Facultade de ADE nas publicacións de análise estatística e económica da provincia que elabora a CEL, como Lugo en Cifras ou Lugo e os mercados exteriores, ao impulso da realización de prácticas de alumnos de ADE en empresas asociadas á CEL.
A posta en valor do labor de investigación do profesorado universitario de Lugo e unha maior conexión entre empresas e traballo académico, entre os obxectivos do convenio a subscribir.