Voltar atrás

Escrito o:

A CEL acompañará a Luis Vilariño en el FIA European Rally Championship (ERC)

Luis Vilariño, piloto de Pas de Rei, participa ese ano no FIA European Rally Championship (ERC), o campionato máis importante no mundo do automobilismo despois do Campionato Mundial de Rallye (WRC). Xunto ao copiloto asturiano Álex Noriega, Vilariño afronta oito probas en sete países diferentes, cun inicio que se producirá en Polonia entre os días 18 e 20 de xuño. 

O piloto lucense participará no campionato cun Skoda Fabia R5 EVO 2 que, entre outros, levará o nome da entidade dos empresarios de Lugo polo seu percorrido europeo. 

Luís Vilariño afronta este novo reto coa experiencia da súa participación en varios campionatos e en especial no Campionato de Galicia de Rally, que gañou na edición de 2013.