Voltar atrás

Escrito o:

Día Mundial da Seguridade e a Saúde no Traballo 2021

Un ano máis, o día 28 de abril conmemórase o Día Mundial da Seguridade e a Saúde no Traballo, unha data conmemorativa que a Organización Internacional do Traballo (OIT) aproveita anualmente para impulsar campañas de sensibilización e concienciación dirixida a centrar a atención internacional sobre a magnitude do problema dos riscos laborais e sobre como a creación e promoción dunha cultura da seguridade e a saúde pode axudar a reducir o número de mortes e lesións relacionadas co traballo. 

Nesta ocasión, como non podería ser doutro xeito, a pandemia da COVID-19 e as súas repercusións marcan a orientación da campaña 2021. Neste sentido, na web da OIT sinálase que "a pandemia de COVID-19 levou aos gobernos, os empleadores, os traballadores e a poboación en xeral a enfrontarse a retos sen precedentes en relación co virus do SARS-CoV-2 e os numerosos efectos que tivo no mundo do traballo" e, por esta razon, "o Día Mundial da Seguridade e Saúde no Traballo céntrase nas estratexias para fortalecer os sistemas nacionais de seguridade e saúde no traballo (SST) co fin de desenvolver resiliencia para facer fronte ás crises, hoxe e no futuro, aproveitando os ensinos extraídos e as experiencias do mundo do traballo".

A OIT tamén subliña que "desde que irrompeu como crise mundial a principios de 2020, a pandemia de COVID-19 tivo profundas repercusións en todo o planeta", incidindo "en case todos os aspectos do mundo do traballo, desde o risco de transmisión do virus nos lugares de traballo até os riscos relacionados coa SST que xurdiron como consecuencia das medidas para mitigar a propagación do virus".

Subliña así mesmo que "a reorientación cara a novas modalidades de traballo, como a generalización do teletrabajo, ofreceu moitas oportunidades aos traballadores, pero tamén expuxo riscos potenciais para a SST, en particular riscos psicosociais e violencia", que haberán de abordarse. "A crise actual pon de manifesto a importancia de fortalecer estes sistemas de SST, incluídos os servizos de saúde no traballo, tanto nos planos nacional como empresarial", insiste.

A OIT avoga por "estimular o diálogo sobre a importancia de crear e investir en sistemas de SST resilientes, baseándose en exemplos rexionais e nacionais para mitigar e previr a propagación da COVID-19 no lugar de traballo" 

Animamos ás empresas de Lugo a reflexionar nestas datas sobre a importancia da seguridade e saúde laboral e a necesidade de axeitar os seus sistemas preventivos aos novos retos que deixou ao descuberto o coronavirus e a asesorarse para a súa mellora. Para máis información e asesoramento, contactar co Gabinete Técnico de Seguridade e Saúde Laboral da CEL.