Voltar atrás

Escrito o:

O paro alcanza ao 27,16% da poboación española no primeiro trimestre de 2013

A taxa de paro española chega ao 27,16%, despois de incrementarse en 1,14 puntos durante o primeiro trimestre do ano. Así se recolle na Enquisa de Poboación Activa publicada hoxe polo Instituto Nacional de Estadística (INE), segundo a cal o número de parados creceu en 237.400 persoas no país durante o tres primeiros meses de 2013, alcanzando por primeira vez a cifra de 6.202.700 parados.

Todas as comunidades autónomas sufriron ademais incrementos no paro, sendo Andalucía, Comunitat Valenciana e Illes Balears as que rexistran un maior incremento, e Madrid, Asturias e Canarias as que menos. Galicia, vendo reducida a súa ocupación nun -2,67%, sitúase como a sexta comunidade  cunha evolución máis desfavorable do desemprego, na que se alcanza a cifra de 287.400 parados, o 22,35% da poboación.

Lugo

Pola súa banda a taxa de paro en Lugo sitúase no 20,84%: 31.600 persoas carecen de emprego na provincia. Lugo é a segunda provincia galega con menor taxa de ocupación: pouco máis da metade da poboación lucense está empleada (o 51,17%), fronte ao 57,40% da Coruña e o 54,68% de Pontevedra. En Ourense, menos da metade da poboación (o 47,99%) ten traballo.

Gráfico: elaborado polo INE