Escrito o:
Webinar | Internacionalización Dixital
A Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) organiza, en colaboración con Inycom, para o próximo día 3 de marzo, mércores, un webinar informativo que, baixo o título "Internacionalización dixital: estratexia, canles e solucións tecnolóxicas para vender máis e axilizar procesos", achegarase a opcións de venda por Internet, acceso a novos mercados e á convocatoria 2021 das axudas autonómicas do programa Galicia Exporta Dixital, de Igape e Xunta de Galicia.
O webinar, que terá lugar en horario de 16:00 a 17:00 horas, tratará de achegarse dun modo práctico a casos de éxito de PEMES, as mellores estratexias de mercadotecnia e soluciones TIC en base ás axudas de Galicia Exporta Dixital, para impulsar o seu negocio internacional B2C/B2B.
Así, no seu programa abordaranse desde os alicerces básicos destas axudas, a accións para "xerar negocio" e "optimizar procesos inernos" ou como elaborar un plan de acción e factores de éxito. Para máis información sobre contidos, pode descargarse programa completo ao final desta entrada.
O webinar está dirixido a directivos e mandos intermedios de todas as áreas da empresa relacionadas conestrategia, desenvolvemento de negocio internacional e procesos de mercadotecnia e vendas. As prazas son limitadas e requírese inscrición a través da seguinte ligazón:
INSCRICIÓN WEBINAR INTERNACIONALIZACIÓN DIXITAL
A ligazón para conexión remitirase aos inscritos na mañá do día previsto para a celebración do webinar.