Escrito o:
O Grupo Empresarial Migan súmase ao Consello Asesor da CEL
Grupo Empresarial Migan SL ven de confirmar a súa integración no Consello Asesor da Confederación de Empresarios de Lugo (CEL), órgano interno da organización empresarial provincial que aglutina empresas cunha especial traxectoria e implantación na provincia que libremente deciden formar parte do mismo.
Para formalizar esta integración, o secretario xeral da CEL, Jaime López, e o CEO de Migan, Miguel Ángel Trabadelo, mantiveron hoxe un encontro informal nas instalacións da sede central da Confederación no que fundamentalmente intercambiaron opinións sobre a delicada situación que atravesan as empresas lucenses por mor da crise sanitaria provocada pola COVID-19.
Coa alta de Migan son xa trinta e seis as empresas que forman parte do Consello Asesor da CEL. Entre elas figuran de todos os sectores con implantación na provincia, con especial atención aos de servizos e agroalimentario, este último de interese estratéxico para Lugo.
Grupo Migan
Grupo Empresarial Migan S.L. é unha empresa familiar que iniciou a súa andadura no ano 1961. Actualmente o CEO da compañía é Miguel Ángel Pérez Trabadelo, que xunto aos seus irmás constitúen a segunda xeración ao fronte da empresa, que ten a súa sede central e fábrica en Lugo, con tres naves industriais.
Grupo Migan é un fabricante de maquinaria, equipamento e mobiliario para o sector da hostalaría, hotelería, restauración e industrias da alimentación, especialista en instalacións de frío industrial, que ofrece ao seus clientes solucións integrais e a medida, abarcando todas as fases do proxecto, dende o seu deseño e distribución inicial, pasando pola fabricación até a posta en marcha e mantemento.
Cunha filosofía de constante crecemento e expansión, ten especial importancia para a empresa o mercado exterior, aumentando ano tras ano a porcentaxe de facturación internacional. Na actualidade, Grupo Migan exporta os seus produtos a máis de 15 países, como Guinea Ecuatorial, Marruecos, Etiopía, Argelia, Arabia Saudita, Francia, Alemania, Puerto Rico o Reino Unido, entre otros.