Voltar atrás

Escrito o:

Máis dunha trintena de empresarios infórmanse sobre licitacións públicas nun webinar de CEL e Deputación de Lugo

Máis dunha trintena de empresarios déronse cita no Webinar "Como acceder ás licitacións públicas en Lugo", organizado pola Confederación Empresarios de Lugo (CEL) e a Deputación de Lugo no marco da colaboración permanente que ambas as entidades manteñen para a posta en marcha de accións que favorezan o desenvolvemento do tecido empresarial lucense. 

O encontro online, que buscaba informar e aclarar dúbidas sobre o funcionamento dos procedementos de contratación para animar a concorrencia e participación das empresas lucenses, contou coas achegas de Pablo Seoane, técnico do Servizo de Contratación do ente provincial. 

CEL e Deputación lembran que cada vez son mais as ocasións nas que o sector público debe de recorrer ao privado para a provisión de determinados bens e servizos. Por esta razón, a licitación pública foi constituída co fin de que a Administración poida obter as mellores condicións de compra para un determinado proxecto, obra, servizo ou subministración. Trátase dun concurso entre provedores para a adquisición dun ben, servizo... solicitado por unha administración regulado pola Lei 9/2017, de 8 de novembro, de Contratos do Sector Público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as Directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, de 26 de febreiro de 2014.

Este proceso faise de forma pública e transparente e é unha  das vías polas que as Administracións Públicas pódense converter nun importante motor da economía local, a condición de que as empresas locais concorran aos procedementos de licitación. Ademáis, en épocas de crises como a actual, calquera fonte de ingresos debe ser abordada e explorada polas empresas. 

Oportunidade de negocio

CEL e Deputación consideran que estes procedementos constitúen unha oportunidade de negocio para as pequenas empresas da provincia, á que resulta máis fácil acceder e menos complicado de tramitar do que inicialmente puidese parecer.