Escrito o:
Nadal con corazón, unha fórmula de axuda ás familias da provincia de Lugo
A CEL lembra que mantén activa, coa Federación de Asociacións de Veciños de Lugo, a campaña "Nadal con corazón", que busca facilitar apoio ás familias de traballadores, autónomos e empresarios que se atopan en dificultades como consecuencia da crise da COVID-19 nestas datas.
A través desta campaña a Federación de Asociacións de Veciños de Lugo preparará lotes de produtos de primeira necesidade, que se entregarán a partir do día 28 de decembro ás familias lucenses necesitadas da axuda a través dos diferentes colectivos (máis de 300 de diferentes pobos e barrios da provincia), que forman parte da Federación.
A CEL lembra que as doazóns que necesita a Federación son en especie -produtos da propia empresa ou comprados pola empresa-. Para as empresas que non poidan colaborar deste xeito, a CEL pon a disposición dos interesados o número de conta ES90 3070 0001 2460 6869 3024, na que se poden realizar achegas económicas antes do próximo venres 18 de decembro de 2020 (especificando no concepto da transferencia "Campaña Nadal con Corazón"). O recadado nesta conta destinarase tamén integramente á compra de produtos de primeira necesidade que a Federación de Asociacións de Veciños non teña dispoñibles en almacén.
As empresas interesadas en colaborar terán poden porse en contacto coa CEL (Tel. 982 23 11 50) ou a Federación (Tel. 982 80 16 92) para acordar a loxística da doazón en caso de produtos ou para aclarar dúbidas.