Escrito o:
Xornada Online | COVID-19: impacto para a empresa no ámbito xurídico
A CEL organiza, co apoio da Deputación de Lugo, unha xornada sobre impacto que a crise provocada polo novo coronavirus SARS-CoV-2 está a ter nas empresas desde o punto de vista xurídico. Contará, para iso, coas intervencións de José Antonio Varela Agrelo, presidente en funcións da Audiencia Provincial de Lugo; Cristina Pérez, de ICA Lugo, e Félix Méndez, avogado de Obradoiro Legal.
O encontro terá lugar o vindeiro mércores, día 25 de novembro, en formato online e en horario de tarde (a partir das 17 horas).
As prazas son limitadas. A incrición continúa aberta a través desta ligazón.
Esta xornada forma parte dun ciclo de dúas xornadas sobre "Protocolos de actuación e impacto da COVID-19 no ámbito empresarial" posto en marcha por CEL e Deputación de Lugo. Programa completo descargable ao final desta entrada.