Voltar atrás

Escrito o:

Reunión para garantir a preparación práctica dos alumnos de Formación Profesional

O secretario xeral da CEL, Jaime López, e técnicos do Departamento de Orientación Laboral da entidade, participaron esta semana nun encontro por videoconferencia co conselleiro de Cultura, Educación e Universidade e outras organizacións empresariais para establecer un protocolo seguro para garantir a realización de prácticas profesionais presenciais ao alumnado de FP. 

A idea trasladada polo Conselleiro, e compartida polos asistentes, é a de "garantir que as prácticas se realicen nos centros de traballo de maneira presencial, dado que proporcionan unha cualificación máis completa ao alumnado", aínda que sempre tendo en conta alternativas como o teletrabajo e outras actividades de refuero por se a evolución da pandemia da COVID-19 dificulta esta opción.

O obxectivo é "darlle ás máximas facilidades ao alumnado para que poida completar o seu currículo sen que se vexa afectada a calidade dos contidos académicos recibidos" nesta situación de excepcionalidade pola crise do coronavirus.