Escrito o:
En marcha a 'Startup Competition'
Spain Startup and Investor Services S.L en colaboración con IE Business School e outras entidades como Cepyme convocan a primeira edición da Startup Competition, un concurso dirixido a emprendedores que ten por obxectivo favorecer a creación de emprego en España a través da formación, o impulso do espírito emprendedor e a axuda ás pemes, impulsando a súa presenza en novos mercados.
Esta iniciativa busca expor o talento emprendedor existente en España á comunidade investidora internacional, favorecer o contacto entre ambos para potenciais acordos de investimento e potenciar ás startups que participen no evento.
Destinatarios
O concurso, organizado no ámbito de Spain Startup & Investor Summit está dirixido a todos aqueles proxectos emprendedores e startups innovadoras do país en condicións de presentar unha oportunidade de negocio innovadora, con potencial de crecemento e cunha proposta interesante para potenciais investidores (Business Angels ou Venture Capital).
Na categoría de "proxectos emprendedores" búscanse iniciativas nunha etapa de maduración temperá, pero cunha oportunidade de mercado definida, innovadoras e unha achega de valor diferencial.
Na categoría "startups" búscanse empresas constituídas, cun equipo comprometido, un modelo de negocio escalable e probado, un mercado global e que recibisen un investimento/financiamento de polo menos 200.000 €.
As gañadoras recibirán, ademais, un premio por categorías de mans de SS.AA.RR., os Príncipes de Asturias.
O prazo para a inscrición na competición finaliza o próximo 13 de maio.
Máis info no enlace.
Foto: Spain Startup & Investor Summit 2012