Voltar atrás

Escrito o:

GUÍA | Información xeral sobre a COVID-19 para Traballadores e Empresas

A Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) ven de editar, co apoio da Deputación Provincial de Lugo, a guía "Información xeral sobre a COVID-19 para Traballadores e Empresas". A guía está pensada como ferramenta práctica para que empresas e traballadores coñezan a COVID-19 e saiban como afrontala e previla. Foi elaborada polo especialista en Medicina do Traballo Santiago Díaz de Freijo a partir dunha compilación dos documentos técnicos que o Ministerio de Sanidade foi publicando ao largo do desenvolvemento da pandemia.

A elaboración da guía iniciouse coa desescalada despois do primeiro estado de alarma coa finalidade e contar con información precisa para asesorar ás empresas lucense, e actualizouse no mes de setembro en plena segunda onda, dadas as novas evidencias e o avance no coñecemento sobre a enfermidad causada por este novo virus, así como nas técnicas para o seu diagnóstico precoz.

É posible que, co paso do tempo, algúns dos conceptos e medidas preventivas contempladas na guía se vexan excedidos por outros novos coñecementos e estratexias polo que será necesario realizar un seguimento e actualización constantes tomando como referencia as publicacións técnicas das autoridades autonómicas e estatais.

DESCARGAR GUÍA