Voltar atrás

Escrito o:

A CEL pon en marcha un novo servizo de asesoramento en prevencion de riscos laborais co apoio da Xunta

A Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) ven de poñer en marcha, en virtude da subvención concedida ao abeiro da Orde de 19 de decembro de 2019 para o desenvolvemento de accións de fomento da prevención de riscos laborais, un Gabinete Técnico de Seguridade e Saúde Laboral. 

Este Gabinete ten por obxectivo de apoiar a posta en marcha actividades de asesoramento e sensibilización en materia de prevención de riscos laborais de carácter intersectorial. Contará con dúas técnicas de prevención de riscos laborais de nivel superior e resolverá dúbidas e consultas das empresas da provincia nesta materia, ademáis de por en marcha un servizo permanente de difusión de información de interese neste ámbito.

Trátase dunha acción que da continuidade o tradicionais servizos de información e asesoramento en materia de prevención de riscos laborais que a CEL mantén dende fai anos co apoio de diferentes institucións públicas.

Para máis información e consultas, contactar co Gabinete no teléfono 982 23 11 50.