Voltar atrás

Escrito o:

WEBINAR | Da idea ao mercado: deseñar, protexer e financiar a innovación

O Igape organiza para o próximo día 21 de outubro de 2020 a xornada en formato online ou webinar "Da idea ao mercado: deseñar, protexer e financiar a innovación". 

Este webinar, de aproximadamente unha hora de duración (inicio ás 9:30 horas), inscríbese no marco do programa Re-acciona, que facilita diferentes servizos de consultoría empresarial (até un total de 15) e cuxo prazo de solicitude permanecerá aberto até o día 5 de novembro.

Nesta ocasión, o webinar centrarase na innovación e a súa protección, e abordará cuestións como "Deseño e lanzamento de produtos e servizos innovadores", "Protección da innovación" ou "asesoramento para o seu financiamento", coa intervención de ténicos especializados como algúns dos profesionais de Álvarez Real, empresa integrada no Consello Asesor da CEL.

Máis info e programa

Inscrición