Escrito o:
Novas xornadas e Webinar de Creación de Experiencias de Ocio e Turismo en Lugo
Tras o éxito das dúas primeiras xornadas, as instalacións do Servizo de Audiovisuais da Deputación de Lugo acollerán unha terceira Xornada e un Webinar de Introdución á Creación de Experiencias de Lecer e de Turismo para a Provincia de Lugo.
Nesta ocasión, a xornada celebrarase o día 2 de setembro, en horario de 9:00 a 13:30 horas, en formato presencial e de acceso gratuíto e previa inscrición. Dirixidas a produtores, provedores e profesionais locais, buscará dotar aos seus asistentes de coñecementos, claves e ferramentas para axudar a deseñar, crear e comercializar experiencias. Unha oportunidade para diversificar, optimizar e rendibilizar negocios e adaptalos á nova realidade e demanda do novo turista.
Por outra banda, tamén o día 2 de setembro, e en horario de 16:30 a 18:30 horas, contémplase tamén un webinar de creación de experiencias de lecer e turismo que se impartirá vía videollamada por Google Meet. Mais info para descarga ao final desta entrada.
Congreso LugoExperience
Todas as experiencias participantes nas xornadas poderán ser promocionadas e presentadas no I CONGRESO NACIONAL DE TURISMO EXPERIENCIAL, LUGOEXPERIENCIE, e que busca ser o escaparate das experiencias da provincia de Lugo, que terá lugar durante o sábado 19 e o domingo 20 de setembro.
Todos os asistentes do Congreso, turistas, visitantes, acompañantes, amigos e os propios cidadáns de Lugo terán a oportunidade de percorrer a provincia gozando dunha ampla oferta de produtos, servizos e actividades experienciales variadas, sustentables e accesibles: rutas de shopping, visitas teatralizadas, catas, degustacións, animacións, espectáculos, diversión, etc. Un evento que busca dar visibilidade ao comercio local, aos profesionais, provedores e produtores locais que día a día loitan por ofrecer o mellor servizo e garantir a maior calidade.