Voltar atrás

Escrito o:

Día Mundial da Seguridade e a Saúde no Traballo

O domingo 28 de abril conmemórase como todos os anos o Día Mundial da Seguridade e a Saúde no Traballo, unha cita anual de carácter internacional posta en marcha pola Organización Internacional do Traballo (OIT) para promover o fomento dunha cultura global da prevención en materia de seguridade e saúde laboral. A conmemoración forma parte da Estratexia Global de Seguridade e Saúde no Traballo da OIT.

Este ano 2013 o Día Mundial da Seguridade e a Saúde está centrado nas enfermidades profesionais, en promover o seu coñecemento e prevención. Nesta liña, a OIT publicou un informe (descarga ó final deste post) no que se describe a situación das enfermidades profesionais no mundo, e recálcase a súa importancia, afirmando que "permanecen practicamente invisibles", a pesar de que "provocan un número de mortes seis veces maior" que os accidentes laborais.

Entre as enfermidades profesionais con maior peso destácanse os Trastornos MusculoEsqueléticos (TME), que respresentan o 59% de todas enfermidades profesionais recoñecidas. A CEL celebrará a partir do día 25 de abril varios talleres de carácter práctico para promover hábitos adecuados de hixiene postural e, con iso, previr os TME.

As empresas teñen a obriga de previr as enfermidades profesionais a través da adopción de medidas de prevención e protección mediante a avaliación e o control dos riscos no traballo.