Escrito o:
Xornada de traballo na CEL sobre internacionalización
Dezaseis empresas exportadoras da provincia de Lugo déronse cita hoxe na sede central da CEL nunha xornada técnica sobre os programas de axuda á internacionalización que o Igape pon a disposición das empresas galegas durante o exercicio 2020.
Guillermo Viña, subdirector da área de Internacionalización do Igape, explicou durante o encontro os programas de apoio Galicia Exporta Empresas, Galicia Exporta Dixital, Galicia Exporta Organismos Intermedios ou o Cheque Brexit, entre outras axudas.
Jaime López, secretario da CEL, interveu na inauguración, lembrando os datos do recente estudo sobre a actividade exportadora da provincia, que sitúan a Lugo ?como a provincia menos exportadora de Galicia, mesmo detrás de Ourense a pesar de superala en exercicios anteriores?.
Sinalou, no entanto, que a posición de Lugo a nivel xeral mellorou durante a última década, durante a cal se incrementaron as súas exportacións nun 30,55%. No entanto, dadas as dificultades da provincia e o seu tecido empresarial, subliñou a necesidade de recuperar a Cámara de Comercio de Lugo a pleno funcionamento, con capacidade de dar servizo para que as empresas de Lugo participen en todos os programas de internacionalización e axudas que xestionan estas entidades noutras provincias.