Voltar atrás

Escrito o:

A CEL homenaxea a Justo Jorge de Polusa

A Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) impuxo hoxe a súa insignia de ouro a Justo Jorge, recentemente xubilado como xerente de Polusa, no transcurso dunha reunión do Consello de Administración da entidade, órgano de goberno da organización empresarial do que formou parte desde 2012 e que tamén deixará a partir de agora.

Justo Jorge recibiu a insignia de man de Eduardo Valín, conselleiro delegado da CEL, así como unha sentida homenaxe de todos os membros do Consello, que destacan o seu bonhomía, dedicación altruísta e compromiso persoal con organizacións como a Confederación durante os seus anos en activo. 

Por outra banda, o Consello de Administración da CEL abordou diferentes asuntos de carácter ordinario e analizou a actual situación de Lugo, que preocupa especialmente aos empresarios polo continuo peche de comercios, o envellecemento e perda de poboación e a progresiva perda de peso económico da provincia, na que cada vez resulta máis complicada a iniciativa empresarial.

San Fernando

Por outra banda, e con carácter previo á reunión, o Consello mantivo un encontro co até agora delegado da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro Orol, que buscaba trasladar ao colectivo os plans para o impulso cultural da Xunta en Lugo e, en concreto, a proposta da Administración Autonómica de que San Fernando acolla un parador, a pesar de que a CEL é unha das entidades que xa manifestou o seu apoio ao museo da romanización e das primeiras en adherirse á Plataforma Muro.