Escrito o:
Talleres Hixiene Postural
Co obxectivo de promover hábitos saudables de hixiene postural na contorna laboral, así como a práctica periódica de exercicio físico para previr trastornos músculoesqueléticos, contrarrestando os riscos propios de cada posto de traballo, a Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) organiza, co financiamento da Fundación para a Prevención de Riscos Laborais, os Talleres Prácticos de Hixiene Postural 'Exercicio Saudable para Previr Trastornos Musculoesqueléticos'.
Os talleres contemplan no seu programa unha breve introdución teórica sobre os principais riscos asociados a postos de traballo que se desenvolven fundamentalmente de pé, así como principais riscos asociados tamén a postos de traballo sentado, e unha parte práctica na que se desenvolverá unha clase demostrativa de hábitos de exercicio físico saudables para a prevención dos riscos laborais máis habituais asociados a traballos de pé e sentado.
Destinatarios
Estas accións divulgativas están destinadas preferentemente a traballadores e empresarios de pequenas e medianas empresas. O seu contido resultará de especial interese para traballadores con riscos asociados a traballos de pé (persoal de hostalaría, centros de barbaría e estética, establecementos comerciais...) ou a traballos sentado (persoal de servizos en oficina, transportistas, taxistas e outros condutores, telefonistas...).
Terán lugar no Ximnasio DISOM de Lugo, en horario de 20:15 a 21:30 horas, os xoves 25 de abril, 9 e 23 de maio e 6 de xuño.
Máis info e inscricións
Boletíns de inscrición: 25-abril, 9-maio, 23-maio e 6-xuño.
Os interesados en asistir poden obter máis información na sede central da CEL, no número de teléfono 982 231 150 ou a dirección de e-mail sedecentral@cel.es.