Voltar atrás

Escrito o:

Como exportar e a experiencia de empresas lucenses internacionalizadas, centro dun taller da CEL

A sede central da Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) acolleu este xoves o workshop ou taller de traballo "Exportar: como empezar e ferramentas para crecer", posto en marcha pola organización empresarial lucense co apoio da Deputación Provincial de Lugo e o obxectivo de proporcionar ferramentas de mellora da súa posición en mercados exteriores para as pemes lucenses.

O programa do taller era de carácter práctico e intensivo. Subdividido en varias partes, abordou desde as axudas e apoios que existen á exportación en Galicia, a unha análise de como empezar e realizar un diagnóstico de potencial, ás experiencias de empresas lucenses fortes a nivel internacional como Grupo Leite Río e Torre de Núñez, no taller celebrado en Lugo, e Vinigalicia, no celebrado en Monforte.

Representantes de Abanca tamén se sumaron ao taller para expor os programas de apoio á internacionalización desta entidade bancaria. Igualmente, expuxéronse as conclusións do estudo da CEL "Lugo e os mercados exteriores", presentando esta mesma semana na sede da Deputación Provincial, e explicáronse en detalle os Incoterms 2020, normativa que entra en vigor o próximo día 1 de xaneiro.