Escrito o:
WORKSHOPS Exportar: como empezar e ferramentas para medrar
A Confederación de Empresarios de Lugo organiza, co apoio da Deputación Provincial de Lugo, dúas workshops ou talleres de traballo sobre como exportar. Analizarase como empezar ou liñas de axudas públicas, ademais de informar sobre os Incoterms 2020 e incorporar o testemuño de empresas lucenses con experiencia en internacionalización como Grupo Leite Río, Torre de Núñez ou Vinigalicia (o programa completo pode descargarse ao final desta entrada).
Estes workshops teñen por obxectivo proporcionar información útil ás empresas da provincia de Lugo con interese en exportar ou incrementar os seus posibilidades no exterior e terán lugar os próximos días 19 de decembro, xoves, en Lugo e o venres 20 en Monforte de Lemos, en horario de 9:30 a 14:00 horas.
As prazas son limitadas e cubriranse por orde de inscrición, que pode tramitarse a través das seguintes ligazóns: