Escrito o:
Cogave premia ao secretario xeral da CEL
A Confederación Galega de Asociacións Veciñais "Rosalía de Castro" entregou este sábado os seus premios anuais Cogave. Entre os galardoados desta edición, a sétima xa, atopábase o secretario xeral da CEL, Jaime López.
A entrega destes premios tivo lugar na Coruña, no recinto de Palexco, nun acto que reuniu a máis de duascentas persoas e no que ademais da Jaime López recoñeceuse a outro lucense, Fernando Rois, vicepresidente e portavoz da Federación de Asociacións de Veciños de Lugo. Entre os invitados de Lugo atopábase a alcaldesa da cidade, Lara Méndez, o presidente da Federación de Veciños, Jesús Vázquez ou o conselleiro delegado da CEL, Eduardo Valín, entre outros.
Con estes premios, CoGaVe busca recoñecer a persoas e institucións que traballan polo ben da colectividade, "dando voz a aqueles que non teñen acceso que non teñen voz nin acceso ás institucións e aos medios de comunicación" en palabras da presidenta da asociación, Luisa Varela.
Jaime López sinalou que para el "este premio COGAVE é un recoñecemento non soamente ao seu traballo, senón ao da CEL e ao de todos os empresarios que a conforman" e subliñou que galardóns deste tipo contribúen "a dar visibilidade á provincia de Lugo, ao seu tecido empresarial, aos seus veciños e ás súas preocupacións e demandas".