Escrito o:
Xornada sobre Seguridade Industrial na CEL
A Asociación Galega de Organismos de Control Autorizados (ASGOCA) puxo en marcha unha campaña de difusión e concienciación sobre seguridade industrial no marco dun convenio asinado coa Consellería de Economía, Emprego e Industria.
No seo desta campaña, o próximo 27 de novembro organiza, coa colaboración da Confederación de Empresarios de Lugo, un almorzo de traballo cun triplo obxectivo:
- Concienciar sobre o cumprimento da regulamentación de seguridade industrial.
- Impulsar o correcto mantemento e inspección regulamentaria dos equipos, produtos e instalacións.
- Fomentar a cultura preventiva entre o tecido empresarial
Nesta liña, o programa deste encontro (descargable en pdf ao final desta entrada), analizará a normativa de seguridade industrial no marco actual e informará sobre inspeccións regulamentarias e o seu impacto na seguridade industrial. Igualmente, ASGOCA realizará unha presentación das accións desenvolvidas en materia de seguridade industrial, ademais de establecer un diálogo cos principais axentes da seguridade industrial do territorio.
O encontro terá lugar a partir das 10:00 horas na sede central da CEL (Praza de Santo Domingo, 6-8, 2ª Planta). As prazas son limitadas e cubriranse por rigorosa orde de inscrición, que pode tramitarse nesta LIGAZÓN.