Voltar atrás

Escrito o:

Novos manuais de prevención de riscos laborais da CEL

A Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) editou este ano dous novos manuais en materia de prevención de riscos laborais, uns sobre "Envellecemento e Saúde. Importancia na PRL" e outro sobre "Primeiros Auxilios na Empresa".

Estas publicacións enmárcanse no programa Prevención Plus - 2019:  Asistencia, Información e Promoción, financiado pola Fundación Estatal de Prevención de Riscos Laborais (Cód. Acción: AT 2018 0073), e distribuíronse inicialmente nas xornadas divulgativas que, tamén sobre estas materias, organizou a CEL tamén neste exercicio.

Ambos os manuais amplían o catálogo de publicacións da CEL en materia de prevención de riscos laborais, que a CEL vén editando desde hai anos co apoio da Fundación Estatal, e que está dispoñible online de forma permanente na web da CEL. A maiores, e no caso das publicacións deste ano, a CEL dispón de exemplares físicos na súa sede central, que poden solicitarse de forma gratuíta.