Escrito o:
Semana Europea da Seguridade e a Saúde no Traballo 2019
A CEL súmase este ano á Semana Europea da Seguridade e a Saúde no Traballo cunha campaña publicitaria destinada a lembrar a importancia dunha boa xestión de prevención de riscos laborais na empresa. Baixo a lema "a ecuación perfecta, prevención de riscos laborais igual a menos riscos e máis saúde", sinala que cunha boa xestión preventiva "gana a empresa, ganas ti e gañamos todos".
Esta campaña enmárcase nas accións en materia de seguridade e saúde que a CEL organiza este ano co financiamento da Fundación Estatal de Prevención de Riscos Laborais, e inclúe insercións en prensa e radio, ademais de mailing ás empresas de Lugo.
A CEL lembra así mesmo que no marco deste programa conta cun Gabinete de Asistencia Técnica en PRL a través do que se proporciona información e asesoramento gratuíto a pemes en materia preventiva e organízanse diferentes accións divulgativas, entre as que destacan xornadas informativas, a edición de diferentes publicacións ou a posta en marcha desta campaña publicitaria.
Respecto das xornadas, durante os últimos meses a CEL celebrou dous encontros sobre "Envellecemento no traballo e a súa repercusión na PRL", unha en Lugo e outra en Oviedo co apoio de FADE, e ten previstas dúas máis sobre Primeiros Auxilios que se celebrarán unha esta semana (o mércores 23 de outubro) e outra o día 6 de novembro.
A Semana Europea da Seguridade e a Saúde no Traballo é unha iniciativa da Axencia Europea da Seguridade e a Saúde no Traballo (OSHA) que se celebra todos os anos na semana 43 do calendario obxectivo xeneral de concienciar sobre a importancia dunha xestión activa e participativa da seguridade e a saúde no lugar de traballo. Este ano, como obxectivo específico e do mesmo xeito que o pasado ano, abórdase a alerta sobre o uso de sustancias perigosas.