Voltar atrás

Escrito o:

Homenaxe a David García Vilela

A nova directiva da Asociación Provincial de Promotores de Edificación de Lugo homenaxeou ó presidente saínte, David Manuel García Vilela, polos seus vinte anos de dedicación ó colectivo empresarial.

O acto de homenaxe tivo lugar durante unha comida de confraternización, no entorno da cal o novo presidente desta asociación, Xabier Diaz Diaz, entregou a García Vilela unha placa conmemorativa, labrada en pizarra, en recoñecemento pola súa labor para fomentar o coñecemento e a boa imaxe dos empresarios do sector de promoción inmobiliaria en Lugo e, en xeral, polo seu traballo en pro do asociacionismo empresarial na provincia.

García Vilela presidiu a organización empresarial dos promotores inmobiliarios lucenses dende a súa fundación, no ano 1992.