Voltar atrás

Escrito o:

A CEL acolle un amplo programa de accións de internacionalización durante os próximos días

A Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) desenvolverá un amplo programa de accións de internacionalización durante os próximos días. 

As accións comezan mañá mércores, 16 de outubro, coa xornada informativa do ICEX "As empresas españolas ante o Brexit", que terá lugar na CEL en horario de 10:30 a 12:30 h. a través da que se abordará a repercusión para as empresas lucenses da saída do Reino Unido da Unión Europea no comercio de bens, servizos, investimentos e contratación pública. Contará para iso con presentantes do ICEX, da AEAT e da Dependencia Rexional e Audanas e IIEE.

O xoves 17, pola súa banda, e xa en horario de tarde (de 17:00 a 19:00 horas), a CEL organiza a xornada "Oportunidades de negocio no mercado alemán", para a que contará cun experto en comercio internacional e coas experiencias de relación comercial con este país de Cafés Candeas e Banco Sabadell. Neste caso, a xornada organízase no marco do proxecto de cooperación transfronteiriza Internovamarket Food, no que participan diferentes organizacións empresariais de Galicia e o Norte de Portugal.

Xa de cara á semana próxima e tamén no marco do Internovamarket Food, a Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) organiza unha misión comercial inversa con Alemaña. Cinco importadores e distribuidores do devandito país desprazaranse a Galicia para manter encontros con empresas galegas do sector agroalimentario. O luns 21 e o martes 22 estarán en Lugo, onde participarán en mesas de cata e manterán encontros personalizados con empresas do proxecto, e o mércores 23 desprazaranse a Pontevedra, onde tamén lles esperan mesas de cata e un showcooking organizado por outro dos socios do proxecto, Anfaco - Cecopesca. Un total de trinta e oito empresas de diferentes puntos da Comunidade inscribíronse para participar nesta Misión.