Voltar atrás

Escrito o:

Reunión de seguimento Internovamarket Food

Esta semana participamos vía Skype nunha nova reunión técnica do programa Internovamarket Food, a décimosegunda reunión de seguimento dunha iniciativa que entra xa na súa recta final. Analizouse a marcha do programa até o momento e as próximas accións previstas, que no caso de Lugo comprenden a Xornada Oportunidades de Negocio en Alemaña, unha Misión Inversa, tamén de Alemaña, e o Curso de Creatividade e Innovación para a Diferenciación en Mercados Exteriores, para este exercicio 2019. 

O proxecto de cooperación transfronteiriza INTERNOVAMARKET - FOOD busca mellorar a competitividade da cadea de valor do sector agroalimentario da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal. Está financiado por Fondos FEDER no marco da 1ª convocatoria INTERREG V-A España Portugal (POCTEP) 2014-2020 e promovido por diferentes organizacións empresariais de Galicia e o Norte de portugal, entre as que se atopa a Confederación de Empresarios de Lugo.