Voltar atrás

Escrito o:

A empresa española ante o Brexit

A Secretaría de Estado de Comercio e ICEX España Exportación e Investimentos, xunto coa Confederación de Empresarios de Lugo, organizan un seminario sobre as implicacións para as empresas españolas da saída do Reino Unido da Unión Europea.

A través desta xornada ofrecerase unha visión actual das implicacións para o comercio, investimentos e contratación pública do Brexit.

Dirixida ás empresas galegas con intereses económicos e comerciais no Reino Unido, abordará no seu programa (descargable completo en pdf ao final desta entrada), cuestións como as perspectivas das negociacións para o Brexit e o seu impacto na empresa galega, implicacións aduaneiras ou medidas para paliar o efecto Brexit, entre outros. Contará para iso con presentantes do ICEX, da AEAT e da Dependencia Rexional de Audanas e IIEE.

A xornada terá lugar o día 16 de outubro, en horario de 10:30 a 12:30 horas, na sede central da CEL. O aforamento é limitado, polo que é obrigatorio reservar praza a través da web do ICEX, picando nesta ligazón:

INSCRICIÓN XORNADA A EMPRESA ESPAÑOLA ANTE O BREXIT: COMO FACER DO BREXIT UNHA OPORTUNIDADE