Voltar atrás

Escrito o:

CEL e Concello de Lugo buscan unha colaboración más estreita para impulsar o desenvolvemento empresarial na cidade

A Confederación de Empresarios de Lugo (CEL), Jaime López, recibiu hoxe nas instalacións da entidade a Mauricio Repetto, concelleira da área de Desenvolvemento Local e Emprego, para compartir impresións sobre as necesidades das empresas na cidade e as liñas de actuación que desde o ámbito da Administración Local poden desenvolverse para darlles cobertura.

Este encontro desenvolveuse no formato dunha primeira reunión de traballo para a procura de liñas estratéxicas de actuación que CEL e Concello de Lugo poidan establecer de forma conxunta de face a favorecer o desenvolvemento social e económico da cidade.

Con esta idea como obxectivo, e tras este primeiro contacto, ambas as entidades buscarán fórmulas de colaboración máis estreita de face a incentivar un modelo de cidade que favoreza o investimento empresarial, o crecemento do emprego e o benestar xeral dos seus habitantes.