Escrito o:
A CEL participa en un simposio sobre internacionalización do sector agroalimentario
O secretario xeral da CEL, Jaime López, estivo hoxe na sede de ANFACO - Cecopesca en Vigo para participar no Simposio "Claves para unha Internacionalización do Sector Agroalimentario na Eurorrexión", organizado por Anfaco no marco do proxecto Internovamarket - Food.
Entre os obxectivos deste simposio atopábanse desde dar a coñecer a situación competitiva do sector de Galicia-Norte de Portugal no actual contexto internacional, a compartir entre as empresas participantes experiencias empresariais internacionais, debater sobre a posibilidade que a Mercadotecnia Dixital pode achegar para acelerar os procesos de internacionalización ou explorar novas fórmulas e canles para a expansión internacional.
Contouse para iso con representantes das entidades promotoras de Internovamarket Food, con representantes de organismos públicos tanto de España como de Portugal ou coa opinión de empresas e consultoras especializadas.
O proxecto de cooperación transfronteiriza INTERNOVAMARKET - FOOD busca mellorar a competitividade da cadea de valor do sector agroalimentario da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal. Está financiado por Fondos FEDER no marco da 1ª convocatoria INTERREG V-A España Portugal (POCTEP) 2014-2020 e promovido por diferentes organizacións empresariais de Galicia e o Norte de portugal, entre as que se atopa a Confederación de Empresarios de Lugo.