Voltar atrás

Escrito o:

Misión Inversa de Alemania

Co obxectivo e promover a entrada das pemes agroalimentarias da Eurorrexión Galicia - Norte de Portugal neste mercado, a Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) organiza para o mes de outubro unha Misión Inversa de Alemaña, en base á cal viaxarán a Galicia representantes de cinco empresas importadoras deste país.

A Misión desenvolverase entre os días 20 e 24 de outubro de 2019. Os importadores alemáns (pódense consultar datos no pdf descargable ao final desta entrada) permanecerán en Lugo (na sede central da CEL e o Eurostars Gran Hotel Lugo) os días 21 e 22 de outubro e desprazaranse a Pontevedra (a Nade Hotel da Natureza, sito en As Neves) o 23, datas nas que, entre outras actividades, manterán encontros personalizados con pemes agroalimentarias da Eurorrexión Galicia - Norte de Portugal interesadas en exportar a Alemaña. 

A fin de pechar as axendas de contactos cos importadores e o programa da Misión, as empresas interesadas en manter reunións bilaterais cos importadores deberán nesta Misión Inversa a través da seguinte ligazón:

PRE-INSCRICIÓN MISIÓN INVERSA ALEMAÑA INTERNOVAMARKET-FOOD

Por outra banda, e con carácter previo a esta Misión, a CEL organiza o día 17 de outubro a Xornada "Oportunidades de Negocio no Mercado Alemán", na que se realizará unha radiografía das características deste mercado, así como oportunidades de negocio existente ou técnicas de negociación para mellorar a capacidade de entrada no páis. A inscrición tamén permanece aberta.

Igualmente, no marco da xornada na que os importadores estarán en Pontevedra, outro dos socios do proxecto, ANFACO, organiza un showcooking para o que se pode aportar producto (para participar é necesario contactar con esta entidade enviando un correo a aalbo@anfaco.es).

Estas accións (Misión Inversa e Xornada) organízase no marco do proxecto de cooperación transfronteiriza INTERNOVAMARKET - FOOD, que busca mellorar a competitividade da cadea de valor do sector agroalimentario da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal e financiado por Fondos FEDER no marco da 1ª convocatoria INTERREG V-A España Portugal (POCTEP) 2014-2020.