Voltar atrás

Escrito o:

Novo CURSO Prevención do Risco Ergonómico: Educación Postural e Exercicio Físico

No marco da programación formativa de accións de fomento da prevención de riscos laborais 2019, que conta con financiamento da Xunta de Galicia, a CEL organiza este curso, de 40 horas de duración, que terá lugar na súa Escola de Empresarios e Centro de Formación da CEL en Lugo entre os días 6 de setembro e 19 de outubro próximos, os venres en horario de tarde e sábados de mañá.

Este curso busca, entre outros obxectivos e do mesmo xeito que o organizado entre xuño e xullo, dar a coñecer os principios de promoción da saúde no traballo e mostrar como unha Empresa Saudable pode adoptar accións preventivas en relación cos trastornos músculoesqueléticos (TME), informando sobre os principais riscos ergonómicos e a súa relación cos TME, mostrando de forma práctica estratexias preventivas baseadas na promoción da actividade física, adestrando aos participartes en rutinas respecto diso e abordando aspectos psicolóxicos relacionados coa prevención e o manexo dos TME.

Para o desenvolvemento do programa do curso (descargable completo en pdf ao final desta entrada), contarase con destacados profesionais especializados: un médico, fisioterapeutas e un licenciado en INEF.

As prazas son limitadas e cubriranse por rigorosa orde de inscrición que pode tramitarse a través da seguinte ligazón:

INSCRICIÓN CURSO PREVENCIÓN RISCO ERGONÓMICO