Escrito o:
A CEL acolle un taller de traballo sobre ferramentas para financiar exportacións
A sede central da confederación lucense reuniu onte a unha decena de empresas nunha xornada de traballo organizada no marco do programa Internovamarket-Food, posto en marcha a través do Programa INTERREG V-A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020 co impulso de varias organizacións empresariais de Galicia e o Norte de Portugal. Fórmulas de financiamento como factoring e forfaiting, así como instrumentos específicos habilitados por organismos públicos como ICEX ou IGAPE ou por entidades bancarias como Abanca, centraron un encontro que, polo seu carácter práctico e participativo, prolongouse máis aló da hora prevista de finalización.
Ana Díaz-Becerra Martínez, avogada especializada en Tributación, Comercio Internacional e Práctica Xurídica, ademais socia fundadora de Noroex Consultores ITC S.L. e consultora sénior internacional homologada polo IGAPE e a EOI, dirixiu esta xornada na que tamén se contou coas intervencións de representantes o departemanto de comercio exterio de Abanca e coas intervencións, vía Skype, de Fabio Linden, director internacional de Eseled Consulting, S.L.. Falará da súa experiencia no Plan Reacciona do IGAPE, César López, dono e director de Lenda Petfood, S.L., que comentou a súa experiencia na aceleradora de internacionacionalización Vía Exterior, de Zona Franca e Pilar Rei, directora do departamento de comercio internacional da Cámara de comercio de Vigo, que explicou o Plan FOEXGA, 2019, Xpande e o Programa internacional de Promoción PIP.
Dentro do programa Internovamarket Food está prevista en Lugo a celebración dunha nova xornada, nesta ocasión sobre Oportunidades de Negocio no Mercado Alemán, para o xoves 27 de xuño, previa a unha Misión Inversa deste país prevista para o mes de outubro deste ano.