Escrito o:
Cursos Prevención Riscos Laborais 2019
A Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) organiza, co financiamento da Xunta de Galicia, un total de vinte e tres accións formativas gratuítas en materia de seguridade e saúde laboral destinadas tanto a desempregados como a traballadores e empresarios da provincia de Lugo.
Estes cursos desenvolveranse entre os meses de xuño e outubro, maioritariamente na cidade de Lugo, aínda que tamén en Chantada e Vilalba.
Na programación anual de 2019 inclúense un total de once temáticas diferentes, que abordarán desde a prevención de riscos laborais a nivel xenérico, a temas concretos como "Prevención do risco ergonómico: educación postural e exercicio físico", "Prevención de lesións músculoesqueléticas", "Primeiros auxilios e Desfibrilador Externo Semiautomático", "Coñecemento e xestión da tensión", "Prevención de riscos laborais con amianto", "Manexo seguro de carretillas elevadoras", "Manexo seguro de plataformas móbiles de persoal", "Prevención de accidentes in itinere e in mision", entre outras (máis info no pdf descargable ao final desta entrada).
Todas as materias impartiranse en Lugo. Vilalba acollerá dous cursos, un de Primeiros auxilios e DESA e outro de Prevención de Lesións Músculoesequeléticas e Chantada outros dous, un xenérico e un de Primeiros auxilios.
Prazas e inscrición
As prazas son limitadas (15 alumnos por acción formativa) e cubriranse por orde de inscrición, que poderá tramitarse na web da CEL NO MOMENTO NO QUE SE VAIAN PECHANDO AS DATAS DE CADA CURSO (información que se publicará nesta web)
Estes cursos de prevención organízanse ao amparo da Orde de 20 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a accións de fomento da prevención de riscos laborais na Comunidade Autónoma de Galicia no exercicio de 2019, co financiamento da Xunta de Galicia.