Escrito o:
Seminario de Actualización Fiscal de Asime
Máis dunha trintena de persoas asistiron na tarde do día 20 de marzo ó Seminario de Actualización Fiscal organizado na sede central da CEL pola Asociación de Industriais Metalúrxicos de Galicia (ASIME) en colaboración co despacho de abogados Garrigues.
Participaron como ponentes José Antonio Gil del Campo e Iria Pérez Valcarce, pertenecientes a Garrigues, Abogados e Asesores Tributarios.
Temática
No seminario abordáronse temas clave para o sector, con especial incidencia nas diferentes novedades que se están producindo no ámbito fiscal, tralas últimas modificacións normativas que afectan, entroutros, ós tributos máis comúns (IRPF, IVE, Imposto de Sociedades, Imposto da Renda de non Residentes), así como a outras cuestións de relevancia no ámbito tributario (prevención e loita contra o fraude, limitación de pagos en efectivo, modificación da Lei do Mercado de Valores, obrigas de información sobre bens no extranxeiro…).