Voltar atrás

Escrito o:

XORNADA Oportunidades de negocio no mercado alemán

Alemaña, segundo o FMI e como recolle o ICEX, o quinto PIB máis grande do mundo (datos de 2017), o terceiro exportador mundial e o seu PIB equivale a aproximadamente ao 20% do total da Unión Europea. Ademais, a saída do Reino Unido da UE incrementaría a importancia relativa de Alemaña nesta área económica. Con máis de 80 millóns de habitantes e unha elevada renda per cápita, estamos tamén ante un dos principais mercados do mundo.  É o terceiro importador do mundo (tras EEUU e China); absorve o 8% do comercio mundial.

Co fin de coñecer con maior detalle as características deste país e as oportunidades de negocio que presenta, e tamén como paso previo á Misión Inversa de Alemaña que se organizará en outubro no marco do proxecto INTERNOVAMARKET - FOOD, posto en marcha a través do Programa INTERREG V-A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020.

A xornada terá lugar na sede central da CEL en Lugo o día 17 de outubro, xoves, en horario de 17:00 a 19:00 horas, e contará coas achegas dun experto en comercio internacional así como da exposición adicional de dous casos experienciais: Cafés Candelas e Banco Sabadell. No programa da xornada (descargable en pdf ao final desta entrada), abordaranse cuestións como:

     PRINCIPAIS INDICADORES MACROECONÓMICOS
     PERSPECTIVAS DE FUTURO
     SITUACIÓN ACTUAL DO COMERCIO EXTERIOR
     RÉXIME FISCAL ALEMÁN
     ACCESO AO MERCADO: FORMAS DE ENTRADA
     RESUMO FINAL DO MERCADO ALEMÁN: VANTAXES E INCONVENIENTES
    OPORTUNIDADES DE NEGOCIO
     DIFERENZAS CULTURAIS E TÉCNICAS DE NEGOCIACIÓN

As prazas son limitadas e cubriranse por rigorosa orde de inscrición que pode formalizarse a través desta LIGAZÓN. Darase preferencia ás empresas inscritas no programa Internovamarket - Food.

NOTA: Contémplase a opción de asistencia en streaming. Neste caso, as prazas tamén son limitadas e darase preferencia a asistentes procedentes doutras localidades e inscritas no programa Internovamarket - Food.

Sede Central CEL
Plaza de Santo Domingo, 6-8, 2ª Planta
27.001 Lugo