Voltar atrás

Escrito o:

Encontro informativo dos empresarios de Lugo coa conselleira de Medio Ambiente

Os empresarios de Lugo recibiron hoxe na sede da CEL a Anxos Vázquez Mejuto, conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, para debater sobre os principais aspectos da Lei 1/2019, do 22 de abril, de rehabilitación e de rexeneración e renovación urbanas de Galicia.
 
Esta normativa, que entrará en vigor o próximo 22 de maio, ten por obxecto "regular a rehabilitación edificatoria e a rexeneración e renovación urbanas na Comunidade Autónoma de Galicia, con especial incidencia na conservación e mellora dos conxuntos históricos, os núcleos rurais e o patrimonio edificado, na habitabilidade das vivendas, na súa accesibilidade e a dos espazos públicos, na modernización tecnolóxica, na cuestión social e na dinamización económica". Afectará, así, tanto a nova edificación como á reforma de vivendas, e obrigará a posuír un Informe de Evaulación dos Edificios (IEE) como complemento á inspección ITE.
 
A conselleira estivo acompañada por José Anxo Penas, conselleiro delegado territorial da CEL e Jorge Somoza, tesoureiro da entidade, así como polo delegado territorial da Xunta de Galicia en Lugo, José Manuel Balseiro, e o técnico do IGVS Susana Orgaz.
 
Axudas
 
A conselleira de Medio Ambiente avanzou tamén na CEL que a Xunta de Galicia convocará proximamente, a través do IGVS, unha liña de axudas para a adquisición de vivenda nos centros históricos dirixidas especificamente a menores de 35 anos, a afin de fomentar que a mocidade desenvolver o seu proxecto de vida nestas zonas urbanas. Aclarou que esta liña de incentivos estará dotada de 600.000 euros.