Escrito o:
Fase final do plan de formación para traballadores
O Plan de Formación Intersectorial 2012-2013 da CEL entra na fase final da súa execución tras o peche do proceso de inscricións e o inicio hoxe do último curso deste programa formativo, que na súa totalidade comprende máis dunha vintena de cursos en materias que van dende Recursos Humáns a Prevención de Riscos Laborais, Publicidade e Marketing, Seguridade Alimentaria, Community Manager, Alemán, Programación para Dispositivos Móbiles ou Xestión de impagados, entroutros.
La impartición do plan, que se iniciou xa no pasado mes de decembro, finalizará no mes de xuño de 2013.
En virtude deste programa formativo, dirixido fundamentalmente a traballadores en activo (aínda que tamén poidan participar desempregados) a CEL impartirá un total de 3.815 horas de formación a 543 alumnos.
FSE
O Plan de Formación Intersectorial da CEL está financiado polo Fondo Social Europeo, ó amparo da orde para a financiación de Plans de Formación Intersectoriais da Consellería de Traballo e Benestar.
A correcta finalización do programa formativo de cada curso dá dereito ó alumno participante a un diploma acreditativo oficial, expedido pola Xunta de Galicia.