Voltar atrás

Escrito o:

Próximos cursos gratuitos en Lugo sobre xestión empresarial, marketing online ou liderado

A Fundación CEL Iniciativas por Lugo organiza para próximas datas, co apoio da Rede Eusumo, un total de catro cursos, de 16 horas de duración cada un, orientados a mellora diferentes competencias relacionadas coa xestión empresarial, a xestión de equipos ou o marketing dixital. 

Preferentemente dirixidos a emprendedores e empresarios de economía social, se desarollarán entre os meses de marzo e abril en Lugo, en horario de 16 a 20 horas, nas instalacións da Fundación CEL no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo. As prazas son limitadas e cubriranse por rigorosa orde de inscrición, que ha de tramitarse online na ligazón que figura ao final desta entrada. 

A continuación relaciónanse os cursos:

  • Curso Posicionamento en Internet. Fundamentos SEO. Do 11 ao 14 de marzo de 2019. Ver Programa.
  • Curso Publicidade en Internet. Fundamentos SEM. Do 25 ao 28 de marzo de 2019. Ver Programa.
  • Curso Como crear un equipo de traballo de alto rendemento. Ferramenta para un liderado cooperativo. Do 8 ao 11 de abril de 2019. Ver Programa.
  • Curso Claves para o desempeño comercial eficiente. Do 22 ao 25 de abril de 2019. Ver Programa.

 
                                                                             INSCRICIÓN CURSOS

 

Fundación CEL Iniciativas por Lugo
Pazo de Feiras e Congresos de Lugo
El Palomar,
27004 Lugo
España