Voltar atrás

Escrito o:

Reunión na CEL con representantes de Ciudadanos

Membros da directiva da Confederación de Empresarios de Lugo recibiron onte na sede central da entidade a representantes do Grupo Municipal de Ciudadanos no Concello de Lugo. A reunión, celebrada a proposta deste partido político, buscaba converterse nun foro de intercambio de opinións, para a recollida das preocupacións do empresariado lucense e a exposición, por parte de Ciudadanos, das súas propostas.

Así, entroutras cuestións, a portavoz de Ciudadanos no Concello de Lugo, Olga Louzao, presentou as súas propostas para pór en marcha desde o Concello nos próximos anos un Plan de Desenvolvemento Industrial e Empresarial para atraer novas empresas. Igualmente, defendeu o pago graduado de impostos nos dous primeiros anos para novas empresas ou a posta en marcha dunha liña municipal de créditos reembolsables para este tipo de iniciativas. Tamén propón reducir o pago de impostos municipais ás empresas e autónomos que contraten novos traballadores, a simplificación burocrática e axilizar a concesión de licenzas, así como un programa para fomentar a substitución xeracional nos negocios.