Voltar atrás

Escrito o:

TALLER: Venda e exportación nos marketplaces Amazon e Alibaba dende a práctica

Os marketplaces consolídanse como tendencia en mercados electrónicos e concentran gran parte do negocio do comercio electrónico. Amazon e Alibaba son as plataformas globais por excelencia e coñecer os seus escenarios dixitais, modelos de negocio e principais características, é clave estratéxica de competitividade global. 

Con esta idea no horizonte, a Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) organiza, no marco do proxecto INTERNOVAMARKET-FOOD, un taller informativo co obxectivo de ofrecer unha visión práctica dos mercados electrónicos como ferramenta de mercadotecnia e vendas, chamando a atención sobre aquelas cuestións que deben terse en conta para ter éxito en canles como Amazon ou Alibaba, non exentos de complexidade.

Programa

Entre outras, analizaranse cuestións como tipoloxía de marketplace e modelos de negocio relacionados; claves e modelos para vender e exportar en Amazon;  Alibaba e vantaxes de ser gold supplier ou outras canles estratéxicas alternativos (pode descargarse programa completo en pdf ao final desta entrada).

O taller, que será impartido por Andrés Vicente García, economista e Máster en Xestión Internacional e Comercio Exterior con dilatada experiencia en desenvolvemento de proxectos de internacionalización dixital, ademais de Project Manager de eBusiness e Mercadotecnia Internacional da multinacional de servizos tecnolóxicos e dixitais Inycom, terá lugar na sede central da CEL en Lugo en horario de 10:00 a 12:00 horas, con posibilidade de encontros 2B2 posteriores. 

Inscrición

Dirixido a directivos e mandos intermedios de todas as áreas da empresa relacionadas con estratexia, desenvolvemento de negocio internacional e procesos de mercadotecnia e vendas, as prazas son limitadas e cubriranse por rigorosa orde de inscrición. Existe a posibilidade de manter encontros bilaterais co relator e técnicos especializados de Inycom á finalización do taller. Tanto a inscrición como as reunións B2B poden tramitarse a través da seguinte ligazón:

INSCRICIÓN TALLER VENDA E EXPORTACIÓN NOS MARKETPLACE AMAZON E ALIBABA