Escrito o:
Xornada Informativa: Implicación do empresario na mellora da prevención de riscos laborais
A CEL organiza, co financiamento da Fundación Estatal de Prevención de Riscos Laborais, esta xornada divulgativa, que busca aglutinar nun foro as principais vías para facilitar o compromiso do empresario coa xestión preventiva no seu negocio.
Entre as cuestións que se debaterán atópanse a actitude e compromiso empresarial coa seguridade e a saúde, como "xerar prevención", formulación de obxectivos preventivos, canles de información e supervisión ou implicación de mandos e traballadores (descargar programa en pdf ao final desta entrada).
Adela Pérez Arias, Licenciada en Dereito e Máster en PRL, actualmente é Directora da Delegación en Lugo de Norprevención S.L, sociedade acreditada como Servizo de Prevención Alleo (SPA), é a relatora deste encontro que ten por obxectivo profundar no impacto dunha adecuada xestión preventiva nas empresas e o papel que ha de cumprir o empresario.
Esta xornada informativa terá lugar en Lugo, na sede central da CEL, o día 22 de novembro de 2018, xoves, a partir das 10:30 horas. As prazas son limitadas e cubriranse por rigorosa orde de inscrición que pode tramitarse a través da seguinte ligazón: