Escrito o:
Retos, oportunidades e futuro do Corredor Atlántico, a debate en Xixón
A Plataforma Atlántico Noroeste celebrou hoxe en Xixón un cume na que organizacións empresariais, cámaras de comercio e os Conselleiros de Infraestruturas do Goberno de Asturias, Galicia e Castela e León analizaron os retos e as oportunidades que representa a extensión do Corredor Atlántico ao Noroeste de España para o crecemento económico, o emprego e fundamental para a mellora da competitividade non só desta parte do país, senón da economía española no seu conxunto.
A xornada, que contou coa participación e asistencia de máis de 300 persoas entre empresarios, axentes sociais, políticos e económicos, tratou de pór en valor e centrar o foco de atención sobre unha parte fundamental de España, que supón o 12% do territorio nacional, o 10% da poboación e máis do 9% do PIB. Ademais, e o que é máis importante, rexistra o 20% do tráfico de mercadorías por tren en España e case o 14% de quen utiliza a estrada. A modo de exemplo, apuntar que o tráfico ferroviario do Noroeste Atlántico é de 7,8 millóns de toneladas, fronte ás 1,98 que se moven no Mediterráneo.
A xornada contou coa presenza dos principais integrantes da Plataforma, é dicir, as Cámara de Comercio de Astorga, Avilés, Xixón, León, Oviedo, Consello Galego de Cámaras, Confederación de Empresarios da Coruña, Confederación de Empresarios de Lugo, Confederación de Empresarios de Galicia, Confederación Empresarial de Ourense, Confederación Empresarial de Pontevedra, Federación Asturiana de Empresarios e Federación Leonesa de Empresarios. De igual xeito, a xornada contou coas reflexións do Secretario Xeral do Ministerio de Fomento, o Conselleiro de Infraestruturas, Ordenación do Territorio e Medio Ambiente do Goberno do Principado de Asturias, Fernando Lastra, a conselleira de Infraestruturas e Vivenda da Xunta de Galicia e o Conselleiro de Fomento e Medio Ambiente da Xunta de Castela e León..
Concretamente, por parte da CEL asistiron tanto o secretario xeral, Jaime López, como o responsable da Comisión de Infraestruturas da CEL, Tito Valledor. Igualmente, asistiron á xornada representantes da política lucense como Isabel Rodríguez, subdelegada do Goberno en Lugo, ou Álvaro Santos, responsable da área de Goberno Interior e Relacións Institucionais da Deputación.
Obxectivo PAN
O obxectivo da PLATAFORMA ATLÁNTICO NOROESTE é que o trazado do Corredor Atlántico da "rede básica" integre ás rexións do norte e noroeste da Península ibérica. Lográronse pasos importantes neste proceso porque a UE xa incluíu no programa Conectar Europa a ampliación do Corredor Atlántico ao noroeste español. Deste xeito, poderase optar a 30.600 millóns para financiar as redes transeuropeas de transporte e á execución de proxectos concretos. A pesar deste avance, A PLATAFORMA segue traballando con intensidade e está a facer todas as xestións necesarias co fin de lograr a aprobación definitiva das infraestruturas de transporte de Galicia, Asturias e León como prioritarias no próximo Mecanismo Conectar Europa para o período 2021-2027 (MCE II). Esta plataforma, ademais, xa conta co apoio do Coordinador europeo do Corredor Atlántico, profesor Carlo Secchi, que nos seus dous ?programas de traballo? insiste na importancia de dar ao Corredor Atlántico a súa verdadeira dimensión marítima e a necesidade de completalo coas Autoestradas do mar.
A proposta da PLATAFORMA ATLÁNTICO NOROESTE quere impulsar, no prazo máis breve posible, a conexión ferroviaria do "Corredor Atlántico da rede básica" desde o nodo de Venta de Baños cara aos portos de Xixón, Avilés, Ferrol, A Coruña e Vigo, incluíndo tamén a extensión o Eixo Atlántico ferroviario desde A Coruña e O Ferrol até Vigo e O Porto, o que permite a estas rexións potenciar os seus portos, promocionando os tráficos terrestres e marítimos cara ao Norte e Noroeste de España, ofrecendo servizos loxísticos eficientes e complementarios.
Repecto á provincia lucense, incidiuse especialmente no papel de Monforte como nó loxístico central para a distribución de mercadorías a Galicia Norte e Sur.