Escrito o:
Taller FEDER - Interconecta Galicia II
A Escola de Empresarios da Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) acolleu hoxe un taller de traballo sobre o programa de axudas FEDER – Interconecta Galicia II, promovido pola Axencia Galega de Innovación e o Centro para el Desarrollo Tecnolóxico e Industrial coa colaboración de Feuga y a propia CEL.
Cerca de medio centenar de personas inscribíronse neste taller, que se desenvolveu ao longo da mañá, subdividido en dúas partes, unha teórica na que se realizou unha exposición das condicións xerais do programa, e outra práctica, artellada a través de reunións bilaterais entre os promotores de proxectos e os técnicos do CDTI para recibir asesoramento sobre as súas ideas.
O taller forma parte dun conxunto de eventos programados en tódalas provincias galegas para dinamizar as ideas de proxecto a presentar na convocatoria 2013 do programa Feder - Innterconecta Galicia II, publicada no BOE o pasado día 22 de febreiro e na actualidade vixente. Este programa de axudas está dotado cuha dotación orzamentaria de 75 millóns de euros para o período 2013-2014.
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o día 4 de abril.