Voltar atrás

Escrito o:

Encontro en Lugo Coaching Tour ICC 2018

A sede central da CEL acolle o vindeiro luns, día 14 de maio, unha conferencia de Coaching enmarcada dentro do Tour 2018 do Instituto Ben Pensante. Nesta ocasión a conferencia centrarase nas ferramentas que proporciona o Coaching para impulsar o desenvolvemento profesional e vital. 

O programa abordará aspectos como:

  • Casos do día a día.
  • Ideas transformadoras, pero de sentido común.
  • Dinámicas prácticas que poderás repetir na casa.
  • Como comezar o camiño do coaching

Abordaranse tamén cuestións como relacións coa contorna, ferramentas para pensar ben e buscar o propio sitio nun equipo, etcétera. Intervirán como relatores Pablo López e Marcela Parga.

Máis información no cartel adnjunto ao final desta entrada. A asistencia é gratuida, pero o aforamento limitado, polo que as prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición, que pode formalizarse NESTA LIGAZÓN.